Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1296

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Ciencia e Técnoloxía de Conservación de Produtos da Pesca.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 12 de novembro de 2010 (publicado no BOE do 16 de decembro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades de 22 de novembro de 2010).

Para efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do punto 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Conservación de Produtos da Pesca pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Conservación
de Produtos da Pesca

Rama de coñecemento: Ciencias.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

48

Optativas

0

Prácticas externas

6

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Especies Mariñas de Interese Comercial. Bioloxía, Parasitoloxía e Microbioloxía. Identificación de Especies

3.5

Obrigatorio

Ciencia e Tecnoloxía: Aspectos Básicos

Seguridade e Calidade Alimentaria. Hixiene, Toxicoloxía e Lexislación Alimentaria. Prevención de Riscos

3.5

Obrigatorio

Análise Química de Produtos da Pesca. Contaminantes Bióticos e Abióticos. Control de Calidade no Laboratorio

3.5

Obrigatorio

Aspectos Medioambientais

4

Obrigatorio

Aspectos Empresariais e Sociais

3.5

Obrigatorio

Conservación polo Frío: Procedementos e Tecnoloxías de Conxelación e Refrixeración

6

Obrigatorio

Procesos e Produtos

Conservación polo Calor: Conservas Apertizadas e Pasteurizadas

6

Obrigatorio

Tratamentos Físicos e Químicos

3

Obrigatorio

Calidade dos Produtos da Pesca e da Acuicultura

6

Obrigatorio

Calidade, Seguridade e Innovación

Seguridade Alimentaria dos Produtos da Pesca e da Acuicultura

6

Obrigatorio

Innovación de Produto e Proceso

3

Obrigatorio

Prácticas en empresa

6

Obrigatorio

Prácticas en empresa

Traballo fin de máster

6

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Os estudos de máster universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Conservación de Produtos da Pesca constan de 60 ECTS distribuídos en dous cursos académicos, polo que o alumnado deberá superar, para obter o correspondente título, 30 ECTS obrigatorios en primeiro curso e 30 ECTS obrigatorios en segundo curso.