Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1294

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Administración Integrada de Empresas: Responsabilidade Social Corporativa, Calidade e Medio Ambiente.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).

Para efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do punto 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Administración Integrada de Empresas: Responsabilidade Social Corporativa, Calidade e Medio Ambiente pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Administración Integrada de Empresas: Responsabilidade Social Corporativa, Calidade e Medio Ambiente

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

30

Optativas

15

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

15

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Novo Modelo de Dirección de Empresas Baseado na Ética nos Negocios e a Empresa Familiarmente Responsable

3

Obrigatorio

Temas Avanzados en Responsabilidade Social Corporativa, Calidade e Medio Ambiente

Marketing da Responsabilidade Social Corporativa

6

Obrigatorio

Administración Integrada da Calidade Total

3

Obrigatorio

Medio Ambiente e Innovación

6

Obrigatorio

Administración Integrada de Empresas Multinacionais e PEMES. ¿Diferencia de Enfoques?

3

Obrigatorio

Construción Social, Desenvolvemento e Sustentabilidade

3

Obrigatorio

Desenvolvemento Rexional Sustentable e Competitividade

3

Optativo

Sistemas de Información de Soporte á Administración Integrada

3

Optativo

Sistemas de Xestión Normalizados: I+D+i, Calidade, Medio Ambiente

3

Optativo

O Papel das Novas Tecnoloxías na Xestión Responsable da Produción

3

Optativo

Actividades Relacionadas co Mar: Construción Naval, Pesca e Acuicultura

3

Optativo

Sectores do Tecido Industrial Galego

Actividades Relacionadas cos Sectores do Automóbil, o Granito e a Madeira

3

Optativo

Sector Turístico

3

Optativo

A Nova Economía Institucional e as súas Teorías

3

Optativo

Correntes Teóricas

Teoría dos Recursos e Capacidades

3

Optativo

Xestión da Información para a Investigación

3

Obrigatorio

Metodoloxía da Investigación

Métodos Estatísticos Aplicados á Investigación en Administración de Empresas

3

Obrigatorio

Xeración de Ideas e Elaboración e Presentación dun Proxecto de Investigación

3

Optativo

Investigación en Management: un Enfoque Interdisciplinar

3

Optativo

Traballo fin de máster

15

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Administración Integrada de Empresas: Responsabilidade Social Corporativa, Calidade e Medio Ambiente o alumnado deberá superar 45 ECTS obrigatorios e 15 ECTS optativos.