Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1291

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

3. Data: o 13, 20 e 27 de xaneiro de 2012.

4. Lugar de realización: instalacións da Asociación Cultural Formación e Emprego. Rúa Músico Falla n.º 21, 27004 Lugo.

5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo modelo anexo I.

9. Programa:

Día 13.1.2012

9.00-10.00 h

Introdución. Lexislación

10.00-12.00 h

Praguicidas. Descrición e xeneralidades

12.00-13.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria

13.00-14.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria

16.00-19.00 h

Métodos de loita antivectorial

Día 20.1.2012

9.00-10.00 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas

10.00-11.30 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases

11.30-12.30 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación

12.30-14.00 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios en caso de intoxicación

16.00-17.30 h

Preparación de disolucións de produtos

17.30-19.00 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas

Día 27.1.2012

9.00-11.00 h

Técnicas de aplicación de praguicidas

11.00-12.00 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas

12.00-13.00 h

Resolución de exercicios prácticos

13.00-14.00 h

Avaliación tipo test

10. Certificado de superación do curso: é obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2011.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: o 13, 20 e 27 de xaneiro de 2012.

Lugar de realización do curso: instalacións da Asociación Cultural Formación e Emprego, rúa Músico Falla n.º 21, 27004 Lugo.

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: o 13 e o 20 de xaneiro, das 9.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 19.00 h; o 27 de xaneiro das 9.00 ás 14.00 h.

N.º de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase, como data límite o 12 de xaneiro de 2012, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avda. da Mahía 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Teléfono: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45. Correo electrónico: saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

NOME:

APELIDOS:

CARGO/ACTIVIDADE DESEMPEÑADA:

EMPRESA:

SECTOR ACTIVIDADE:

ENDEREZO:

CP:

LOCALIDADE:

PROVINCIA:

TELÉFONO:

FAX:

CORREO ELECTRÓNICO: