Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1302

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE do 26 de febreiro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de febreiro de 2010).

Para efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, neste caso, no Diario Oficial de Galicia (DOG); do primeiro inciso do punto 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas; e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 19 de decembro de 2011.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

36

Optativas

12

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Epistemoloxía e Metodoloxía das Ciencias da Actividade Física

3

Obrigatorio

O Coñecemento Científico e o Proceso de Investigación nas Ciencias da Actividade Física

O Proceso de Investigación: Fases do Proceso de Investigación nas Ciencias da Actividade Física e do Deporte

4

Obrigatorio

Fontes Documentais nas Ciencias da Actividade Física e o Deporte

4

Obrigatorio

Comunicación Científica nas Ciencias da Actividade Física e do Deporte

4

Obrigatorio

Metodoloxía Experimental e Cuasiexperimental nas Ciencias da Actividade Física

4

Obrigatorio

Metodoloxías e Deseños de Investigación nas Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Metodoloxía Selectivo-Correlacional nas Ciencias da Actividade Física

4

Obrigatorio

Deseños Observacionais Aplicados á Investigación no Deporte

4

Obrigatorio

Metodoloxía Cualitativa nas Ciencias da Actividade Física

3

Obrigatorio

Análise Exploratoria de Datos e Análise Inferencial

3

Obrigatorio

Análise de Datos nas Ciencias da Actividade Física

Análise Multivariante

3

Obrigatorio

Métodos de Investigación en Deportes Ximnásticos

3

Optativo

Investigación Específica en Actividade Física e Deporte

Investigación en Adestramento Deportivo

3

Optativo

Investigación mediante Parámetros Temporais nas Ciencias da Actividade Física e o Deporte

3

Optativo

Investigación, Deporte e Creatividade

3

Optativo

Xénero e Actividade Física: Investigación en Ciencias da Actividade Física e o Deporte

3

Optativo

Investigación en Actividades Acuáticas

3

Optativo

Investigación en Deporte, Olimpismo e Movemento Olímpico

3

Optativo

Investigación en Programas de Actividade Física e Saúde para Persoas Maiores

3

Optativo

Investigación Específica en Actividade Física e Saúde

Investigación en Actividades e Espazos Deportivos Seguros e Cardioprotexidos

3

Optativo

Actividade Física e Obesidade

3

Optativo

Ritmo, Coreografía e Motricidade: unha Perspectiva Antropolóxica

3

Optativo

Investigación en Psicoloxía da Actividade Física

3

Optativo

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde, o alumnado deberá superar 48 ECTS obrigatorios, 6 ECTS optativos do módulo IV, 6 ECTS optativos do módulo V.