Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1391

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza municipal para instalación de taller de reparación e mantemento de maquinaria agrícola.

Comercial Agrícola Emilio, S.L. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a instalación de taller de reparación e mantemento de maquinaria agrícola con acceso de vehículos para carga e descarga, na rúa Ruíz de Alda núm. 10, baixo.

Cumprindo o disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días, co fin de que durante este tempo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto–, poidan examinar o expediente no Servizo de Licenzas as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Lugo, 7 de novembro de 2011.

Luís Manuel Álvarez Martínez
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo