Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1390

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO de aprobación da modificación puntual número 3 do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Pleno da corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o 16 de decembro de 2011, conforme o disposto no artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, e co disposto no artigo 11 do Real decreto lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo, acordou:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual n.º 3 do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

2. Someter o expediente ao trámite de información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no DOG e en dous dos xornais de maior difusión da provincia.

3. Dar audiencia aos municipios limítrofes para que poidan alegar o que consideren oportuno.

4. Solicitar das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios.

En virtude do disposto no artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o devandito acordo de aprobación inicial determina por si só a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas nos ámbitos do territorio afectados pola modificación do PXOM aprobada inicialmente. Esta terá unha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación inicial, sen prexuízo da súa extinción anticipada como consecuencia da aprobación definitiva da modificación do PXOM.

Curtis, 19 de decembro de 2011.

Javier Francisco Caínzos Vázquez
Alcalde