Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1389

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cee

ANUNCIO de información pública sobre licenza municipal de obras e actividade.

Tras solicitar deste concello Severo Roget Romero, con DNI 32312613-M, a licenza de obras e a licenza de actividade e apertura para a adecuación interior dun edificio con destino a ferraxaría, situado na avda. Fernando Blanco, n.º 4-6, Cee, en cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o dito expediente ao trámite de información pública por un período de vinte días a partir da publicación do último anuncio, ben no Boletín Oficial da provincia da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que poidan examinar o expediente nas oficinas municipais as persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan alegar o que consideren oportuno.

Cee, 13 de decembro de 2011.

Juan Bautista Areas Lestón
Alcalde en funcións