Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1388

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boqueixón

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Boqueixón.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 14 de decembro de 2011, acordou o seguinte:

1.º Aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Boqueixón, adaptado á Lei 2/2010, do 25 de marzo, de modificación da Lei do solo 9/2002.

2.º Someter o Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado inicialmente, ao trámite de información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, e en dous xornais de maior difusión na provincia.

3.º Manter a suspensión das licenzas, aprobada en sesión plenaria que tivo lugar o día 19 de abril de 2010, e segundo o novo informe de suspensión de licenzas, de data do 7 de decembro de 2011, emitido polo arquitecto do equipo redactor Isidro López Yáñez.

4.º Dar audiencia aos concellos limítrofes.

5.º Solicitar os informes sectoriais, ás administracións públicas competentes.

6.º Dar trámite de consulta ás administracións públicas afectadas.

A documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal, inicialmente aprobado, poderá consultarse na Casa de Cultura de Camporrapado, en días laborais, das 10.00 ás 14.00 horas, durante o prazo de dous meses, a partir do día seguinte ao da data da publicación deste anuncio en dous dos xornais de maior difusión na provincia, e no Diario Oficial de Galicia. Tamén poderá consultarse o tomo III (normativa, fichas, e planos de clasificación e ordenación), na páxina web do Concello de Boqueixón (www.boqueixon.com/). Durante o dito período da exposición pública, poderán presentarse os escritos de alegacións que se xulgue por conveniente.

Boqueixón, 16 de decembro de 2011.

Adolfo Gacio Vázquez
Alcalde