Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1387

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barro

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 2 do PXOM de Barro e do informe de sustentabilidade ambiental.

O Pleno do Concello de Barro, en sesión que tivo lugar o 15 de decembro de 2011, acordou:

– Prestarlle aprobación inicial ao documento da modificación puntual n.º 2 así como ao informe de sustentabilidade ambiental, redactado pola consultoría Arnaiz Consultores, S.L., e que foron redactados en novembro de 2011.

– Solicitar das administracións públicas os informes sectoriais pertinentes, así como aqueles indicados no informe de referencia.

En cumprimento do establecido no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, artigo 10 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas, artigo 7.5 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, sométese o documento da modificación puntutal n.º 2 do PXOM , o informe de sustentabilidade ambiental (ISA) e o expediente de tramitación a información pública durante o prazo de dous meses mediante a publicación de anuncio no taboleiro de edictos do concello, no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior difusión na provincia, dándolle audiencia durante o mesmo prazo aos municipios limítrofes.

O documento da modificación puntual n.º 2 do PXOM e o informe de sustentabilidade ambiental, xunto co expediente tramitado, estarán a disposición dos interesados, nas dependencias da Secretaría do concello en horario de oficina.

Barro, 19 de decembro de 2011.

José Antonio Landín Eirín
Alcalde