1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Hospital Universitario Lucus Augusti (C.H. Xeral-Calde). San Cibrao, s/n (27003) Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.
c) Número de expediente: AB-CHX1-11-011.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: alugamento sen opción a compra de seis vehículos novos sen condutor tipo berlina para a realización de labores asistenciais dos servizos de Psiquiatría (2) e Hospitalización a Domicilio (4) do Hospital Universitario Lucus Augusti.
c) Lotes (se é o caso): un.
d) CPV (referencia de nomenclatura): 34114300.
e) Acordo marco (se procede): non.
f) Sistema dinámico de adquisición (se procede): non.
g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.
h) Datas de publicación do anuncio de licitación: DOG 24 de agosto de 2011.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 116.695,08 euros.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 77.796,72 euros.
Importe total: 91.800,13 euros (IVE incluído 18%).
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 27 de setembro de 2011.
b) Data formalización do contrato: 17 de outubro de 2011.
c) Contratista: Empresa Monforte, S.A.
d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 74.520 euros. Importe total: 87.933,60 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: único licitador presentado.
Lugo, 30 de novembro de 2011.
Francisco José Vilanova Fraga
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo