Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1392

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza municipal para instalación de taller de reparación de maquinaria agrícola.

Grúas Novo Lucense, S.L. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a instalación de taller de reparación de maquinaria agrícola no Cotillón-Teixeiro, estrada N-640, p.q. 82,700 (marxe esquerda).

Cumprindo o disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días, coa fin de que durante este tempo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto–, poidan examinar o expediente no Servizo de Licenzas as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Lugo, 25 de novembro de 2011.

Luís Manuel Álvarez Martínez
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo