Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 19 de decembro de 2011 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con varios criterios de valoración e trámite ordinario da licitación e anticipado do gasto, para a adxudicación dos contratos non suxeitos a regulación harmonizada de execución das obras públicas hidráulicas de saneamento de claves OH.315.986 e OH.336.983, cofinanciados pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 243, do xoves, 22 de decembro de 2011, cómpre efectuar a oportuna corrección:

Na páxina 37849, no punto 7. Apertura de ofertas, na súa letra c) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B, onde di: «10 de febreiro de 2012», debe dicir: «16 de febreiro de 2012».

Nota: esta corrección non modifica o prazo de presentación de ofertas, nin o resto do contido do anuncio de licitación non afectado por non ter carácter substancial.