Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 14 de novembro de 2011, da Zona Centro do ente público Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a adxudicación a Juan Alberto del Río Vázquez do concurso para a tramitación dunha nova concesión administrativa de ocupación de terreos, obras e instalacións de dominio público portuario no porto da Pobra do Caramiñal, para as instalacións de subministración de combustible (expediente 12-50-11-C-1).

Seleccionada a oferta de Juan Alberto del Río Vázquez no procedemento aberto e sistema multicriterio para a tramitación dunha concesión administrativa de terreos de dominio público portuario do porto da Pobra do Caramiñal, para instalacións de subministro de combustible, segundo o proxecto básico de obras de instalacións para suministración de combustible no porto da Pobra do Caramiñal asinado polo enxeñeiro industrial José Manuel Villar Esmorís.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 110 da Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral, (BOE núm. 284, do 27 de novembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, sitas na rúa Alférez Provisional, 5-1.º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 14 de novembro de 2011.

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da Zona Centro de Portos de Galicia