Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 30 de decembro de 2011 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/1/2011, devolta polo servizo de Correos por non poder practicarse a súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/1/2011 a César Seijo Pazos e M.ª José Rodríguez Figueira, en relación coas obras consistentes na construción de dúas vivendas unifamiliares, no lugar de Lacere, n.º 30, no termo municipal de Sada, provincia da Coruña.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar o expediente.

Durante este prazo poderá alegar e presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación aos citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2011.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística