Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

CÉDULA do 23 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2011/000608-5 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na Xefatura Territorial de Vigo, Concepción Arenal, 8.

N.º de expediente: PESAN1 2011/000608-5.

Denunciado: Javier Cardalda Piñeiro.

DNI: 35476579-E.

Enderezo: avda. Rosalía de Castro n.º 112 - 2.º B, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.G.3.

Sanción: 301 euros.

N.º de expediente: PESAN1 2011/000625-5.

Denunciado: José Rodríguez Piñeiro.

DNI: 76931852-A.

Enderezo: Isaac Peral 10 - 3r, Vigo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 136.E.2, 137.E.6.

Sanción: 1.070 euros.

N.º de expediente: PESAN1 2011/000629-5.

Denunciado: Sandra Currás Federico.

DNI: 53610504-B.

Enderezo: lugar Carrasqueira 52, Bueu (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.B.6, 137.B.18.

Sanción: 1.382 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2011/000762-5.

Denunciado: Irene Díaz Cabana.

DNI: 33744116-B.

Enderezo: rúa Gaivoteira n.º 2, Baltar-Portonovo, Sanxenxo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.B.2.

Sanción: 151 euros.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG núm. 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita xefatura territorial o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifeste o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, a fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Vigo, 23 de decembro de 2011.

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo