Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1314

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 9 de decembro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data polo que se convocan para a súa provisión, polo sistema de concurso de méritos, varios postos vacantes de supervisor/a de unidade.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG n.º 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG n.º 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG n.º 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG n.º 188, do 30 de setembro) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, así como na Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG n.º 119, do 19 de xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG n.º 188, do 30 de setembro),

DISPÓN:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de concurso de méritos, os postos de supervisor/a de unidade do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense que se relacionan no anexo desta resolución.

As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do complexo hospitalario e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, sito no edificio administrativo, primeira planta, dirixidas á xerenta de Xestión Integrada, no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte á data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 9 de decembro de 2011.

Eloína Núñez Masid
Xerenta de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Denominación do posto: supervisor/a de Unidade de Reanimación.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: supervisor/a de Unidade de Radiodiagnóstico.

Número de vacantes: 1.

Denominación do posto: supervisor/a de Unidade Xeral.

Número de vacantes: 3.