Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1316

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2011 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, a Jesús Vilares Ferro.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 5 de outubro de 2011 (BOE do 20 de outubro), para a provisión da praza número 11/018 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, departamento de Computación desta universidade, a favor de Jesús Vilares Ferro, con DNI 36111593-Y, e unha vez que o interesado acreditara os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Jesús Vilares Ferro, profesor titular de universidade da área de coñecemento de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, departamento de Computación desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contar desde o día siguiente á publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o candidato deberá tomar posesión do seu destino.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente poderase interpoñer recurso de reposición perante o reitor da Universidade da Coruña, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que se resolva expresamente ou se producise a desestimación presunta do de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 26 de decembro de 2011.

José M.ª Barja Pérez
Reitor da Universidade da Coruña