Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1351

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 16 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se fai público o outorgamento do permiso de exploración de recursos xeotérmicos da sección D), Caldelas Sur, número 3118.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra fai saber que, por Resolución desta xefatura territorial do 20 de outubro de 2011, outorgouse en favor da sociedade Luancar Energy, S.L. o permiso de exploración Caldelas Sur, número 3118, sobre unha superficie de dúas mil novecentas sete (2.907) cuadrículas mineiras, nos termos municipais de Fornelos de Montes, Gondomar, Marín, Moaña, Mondariz Balneario, Mondariz, Mos, As Neves, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Pazos de Borbén, Ponteareas, Pontevedra, Ponte Caldelas, O Porriño, Tui, Vilaboa e Vigo, na provincia de Pontevedra, por un período dun ano, para a exploración de recursos xeotérmicos da sección D).

O que fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101.5 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minería.

Pontevedra, 16 de novembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra