Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 16 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se fai público o outorgamento do permiso de exploración de recursos xeotérmicos da sección D), Caldelas Norte, número 3117.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra fai saber que, por Resolución desta xefatura territorial do 20 de outubro de 2011, outorgouse a favor da sociedade Luancar Energy, S.L. o permiso de exploración Caldelas Norte, número 3117, sobre unha superficie de dúas mil novecentas sete (2.907) cuadrículas mineiras, nos termos municipais da Estrada, A Lama, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Cuntis, Marín, Meis, Moraña, Ponte Caldelas, Pontecesures, Pontevedra, Poio, Portas, Valga, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra, por un período dun ano, para a exploración de recursos xeotérmicos da sección D).

O que fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101.5 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minaría.

Pontevedra, 16 de novembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra