Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo número P.O. 0000704/2010, interposto pola Federación de Ensino de CC.OO. de Galicia.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 0000704/2010 interposto pola Federación de Ensino de CC.OO. de Galicia, contra a Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 11 de agosto de 2010 pola que se modifican os concertos educativos con centros docentes privados, publicada no DOG núm. 161, do 23 de agosto.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido órgano, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2011.

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos