Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1350

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 21 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de caducidade da concesión de explotación Elisita n.º 3047, titularidade de Sociedad Minero Astur, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a Sociedad Minero Astur, S.A. con último enderezo coñecido na rúa Posada Herrera, n.º 4-8.º, 32002 Oviedo, como titular, o acordo de incoación de expediente de caducidade da concesión de explotación Elisita n.º 3047, pola causa prevista no artigo 108.c) do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, por expiraren os prazos polos que foron outorgados ou, se é o caso, as prórrogas concedidas, xa que intentada polos medios legalmente establecidos non se puido efectuar.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formular as alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 84 da citada Lei 30/1992. No suposto de non efectuar alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación de expediente de caducidade considerarase como proposta de resolución.

Ourense, 21 de decembro de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense