Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 21 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de caducidade da concesión de explotación Mercedes 2.ª n.º 2341, titularidade de Sociedad Minero Astur, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a Sociedad Minero Astur, S.A. con último enderezo coñecido na rúa Posada Herrera, n.º 4-8.º, 32002 Oviedo, como titular, o acordo de incoación de expediente de caducidade da concesión da explotación Mercedes 2.ª n.º 2341, pola causa prevista no artigo 108.c) do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, por expiraren os prazos polos que foron outorgados ou, se é o caso, as prórrogas concedidas, xa que intentada polos medios legalmente establecidos non se puido efectuar.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formular as alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 84 da citada Lei 30/1992. No suposto de non efectuar alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación de expediente de caducidade considerarase como proposta de resolución.

Ourense, 21 de decembro de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense