Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada C.T. Serra do Ponente, no concello de Cangas, do que resulta como beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN407A 2010/249-4).

A instalación denominada C.T. Serra do Ponente, no concello de Cangas, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 4 de abril de 2011, da Xefatura Territorial de Economia e Industria, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 25 de xaneiro de 2011, a partir das 11.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Cangas.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios. Poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 15 de decembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

C.T. Serra do Ponente:

N.º

Nome e apelidos

Enderezo

M2 apoio

Concello

1

Hdos. Eduardo Silva Martínez

Descoñecido

12,95

Cangas