Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1168

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza municipal para instalación de almacén e comercio de produtos zoosanitarios e fitosanitarios.

Veterlucus, S.L. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a instalación de almacén e comercio de produtos zoosanitarios e fitosanitarios, na rúa da Industria núm. 84-85.

Cumprindo o disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, co fin de que durante este tempo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto–, poidan examinar o expediente no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Lugo, 9 de novembro de 2011.

Luís Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo