Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1169

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO de información pública sobre acondicionamento de nave para secado de peles.

Tras ser presentada neste concello por Agapel Pelting, S.L. solicitude de licenza para o acondicionamento e apertura de nave para dedicala ao secado de peles, no pavillón número 5 do Recinto Feiral de Silleda (Silleda), en cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a exposición pública durante o prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, estará exposto no taboleiro de anuncios do concello e o expediente poderá consultarse no Departamento de Urbanismo deste concello os días laborables en horario das 9.00 ás 14.00 horas, todo iso para os efectos de posibles reclamacións.

Silleda, 23 de decembro de 2011.

Paula Fernández Pena
Alcaldesa presidenta