Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1170

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

ANUNCIO de citación para notificación por comparecencia.

De conformidade co que establece o artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ao non ser posible notificar as liquidacións que se relacionan, a pesar dos intentos realizados, cítanse os obrigados tributarios que figuran neste anuncio para que, no prazo de 15 días naturais, contados desde o seguinte ao desta publicación, comparezan persoalmente ou mediante representante debidamente acreditado nas oficinas da Área Económico-Financeira da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao (peirao de Curuxeiras, s/n, 15401 Ferrol-A Coruña) de luns a venres, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, para o efecto de practicar as notificacións que se indican.

Transcorrido o citado prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais o día seguinte ao do vencemento do prazo antes sinalado.

Liquidación

Nome/Razón social

NIF/CIF

Enderezo

CP

Concello

N.º

Tasa/Tarifa

Data

Importe

Fernando Gamallo Cartelle

32660713 T

R/ Cachinería, 88

15624

Ares

419

TS

31.1.2011

38,53

Ferrol, 24 de novembro de 2011.

Ángel M. del Real Abella
Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao