Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1167

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre acondicionamento de local (expediente 5888/10).

Almacenes Canda, S.L., expediente n.º 5888/10, presentou neste concello solicitude de licenza de obra, de apertura e primeira ocupación, para acondicionar un local para uso de comercio por xunto de materiais de construción, sito na avda. Monserrat núm. 36-38, baixo, deste municipio de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado, durante un prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello e formulen os interesados as alegacións que consideren convenientes.

Lalín, 2 de agosto 2010.

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde