Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1165

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de licitación de vertedoiro.

Aprobouse por decreto da Alcaldía do 12 de decembro de 2011 o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares técnicas que rexerán o concurso para adxudicar a contratación de xestión indirecta, mediante concesión administrativa de servizos públicos, do servizo municipal de vertedoiro de entullos da construción e demolición do municipio da Guarda, que se expoñen ao público durante 8 días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG ou no BOP, para que poidan presentarse reclamacións por quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, adiándose a licitación se resultase necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

1. Entidade adxudicataria.

Concello da Guarda, praza do Reló s/n, 36780. Teléfono: 986 61 00 00. Fax: 986 61 02 83.

2. Obxecto do contrato.

Adxudicar a contratación de xestión indirecta, mediante concesión administrativa de servizos públicos, do servizo municipal de vertedoiro de entullos da construción e demolición do municipio da Guarda.

3. Duración.

Dous anos, prorrogables anualmente, ata o máximo permitido pola lei.

4. Tipo de licitación.

Non se fixa prezo base de licitación. Os licitadores ofertarano discrecionalmente, aínda que baseado no plan de explotación previsto nos anexos, e referirase a euros/anuais, incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE).

5. Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

6. Garantías.

Provisoria: non se exixe.

Definitiva: 12.000 euros.

7. Exame do expediente.

Os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do Concello, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, excepto sábados e festivos e ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

8. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello da Guarda de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da última publicación no DOG ou no BOP na forma sinalada no prego de cláusulas administrativas técnicas. Se o último día de presentación de ofertas fose inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

9. Apertura de proposicións.

Ás doce horas do sexto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas, se procederá a mesa de contratación á apertura das ofertas presentadas. Para estes efectos, o sábado considerarase inhábil.

10. Gastos de anuncios.

A cargo do adxudicatario.

A Guarda, 12 de decembro de 2011.

José Manuel Domínguez Freitas
Alcalde