Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1164

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de información pública sobre construción de nave para aparcadoiro de autobuses.

Garaje y Aparcamiento Seren, S.L. solicitou unha licenza municipal para a construción dunha nave para aparcadoiro de autobuses nunha parcela situada na rúa Marisqueira da parroquia de Almeiras. O expediente sométese a información pública durante un prazo de 20 días, segundo o que establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo na Secretaría do concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Culleredo, 12 de decembro de 2011.

P.D. (Resolución do 22.6.2011, BOP núm. 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo