Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1160

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Alfoz

ANUNCIO de información pública sobre actividade de secadoiro de madeira.

Solicitada a licenza de instalación da actividade de secadoiro de madeira prefabricado e desmontable, sometida a avaliación de incidencia ambiental, por Rafael Lorenzo Rubal, con DNI número 33768984-Q, actuando en nome e representación da empresa Hijos de Ramón Rubal, S.L., con NIF número B-27003417, para instalar no lugar de Correlos, da parroquia de Mor, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Alfoz, 29 de novembro de 2011.

Emilio Lousas Muiña
Alcalde