Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1161

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Bola

ANUNCIO de información pública.

En cumprimento do Real decreto 133/2008, DOG núm. 126, do 1 de xullo de 2008, exponse ao público, nas dependencias do Concello da Bola, en horario de oficina, o proxecto de construción de esterqueira para nave de cría de coellos, por un prazo de quince días, durante os cales os interesados poderán presentar alegacións.

A Bola, 15 de decembro de 2011.

M.ª Teresa Barge Bello
Alcaldesa