Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1162

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coirós

ANUNCIO de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Con data 3 de decembro de 2011 foi negociado e subscrito o texto inicial do convenio urbanístico para a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Coirós, así como a documentación que se incorpora ao texto da modificación puntual para o desenvolvemento dun sector no lugar de Pena-Armea. Este foi aprobado polo Pleno Municipal en sesión do 29 de decembro de 2011. De conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contado desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo, o texto inicial do convenio urbanístico poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais arriba referenciadas, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Coirós, 30 de decembro de 2011.

Francisco Quintela Requeijo
Alcalde