Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto para a contratación do servizo de inspeccións periódicas das áreas críticas da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol (AB-ASF1-12-004).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (unidade de contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1.º Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2.º Enderezo: avenida da Residencia s/n.

3.º Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4.º Teléfono: 981 33 67 62 e 981 33 45 14.

5.º Telefax: 981 33 45 51.

6.º Correo electrónico: contratacion.subministracions.asf@sergas.es

7.º Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8.º Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-ASF1-12-004.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: inspeccións periódicas das áreas críticas da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.

d) Lugar de execución/entrega: véxanse pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 71631000-0.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

1.º Oferta económica: ata 55 puntos.

2.º Medios achegados ao servizo: ata 30 puntos.

3.º Melloras: ata 15 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 67.109,52 euros.

b) IVE: 12.079,72 euros.

c) Importe total: 79.189,24 euros.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación sen IVE.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse pregos.

c) Otros requisitos específicos: véxanse pregos.

d) Contratos reservados: non.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Lugar de presentación:

1.º Dependencia: Rexistro Xeral da Área Sanitaria de Ferrol.

2.º Enderezo: avenida da Residencia s/n.

3.º Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) A data, a hora e o lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

9. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

10. Outras informacións: portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos, perfil do contratante: www.sergas.es

Ferrol, 23 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 28.9.2011; DOG n.º 188, do 30 de setembro)
Luís Verde Remeseiro
Xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol