Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2011, da Xerencia de Atención Primaria de Vigo, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de limpeza do centro de saúde de Tomiño.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Xerencia de Atención Primaria de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Departamento de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: rúa Rosalía de Castro n.º 21-23.

3) Localidade e código postal: Vigo 36201.

4) Teléfono: 986 81 64 66.

5) Fax: 986 81 64 90.

6) Correo electrónico: xapvigo.contratacion.administrativa@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite da obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-XPV1-12-006.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza do centro de saúde de Tomiño.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: ver pregos.

e) Prazo de execución: vinte e catro meses, desde a data de sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si, ver prego.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso: ver punto 6.5. do prego que rexe a contratación.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 43.076,27 €, IVE (18%): 7.753,73 €. Importe total: 50.830,00 €

5. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe a súa constitución. Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe clasificación.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: as 14.00 horas do décimo quinto día contado desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Atención Primaria de Vigo.

2) Enderezo: rúa Rosalía de Castro n.º 21-23.

3) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Dirección: rúa Rosalía de Castro, n.º 21-23, 8.º andar.

b) Localidade e código postal: Vigo 36201.

c) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Importe estimado máximo: 1.000,00 €.

10. Outras informacións: véxase o prego de prescricións técnicas.

Vigo, 30 de novembro de 2011.

Francisco Javier Caramés Casal
Director xerente de Atención Primaria de Vigo