Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 26 de decembro de 2011 polo que se fai pública a declaración de supramunicipalidade do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, e se somete a información pública e consultas xunto co seu informe de sustentabilidade ambiental.

De conformidade co disposto no artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, e no artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, faise pública a parte dispositiva do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de decembro de 2011 polo que se declara a incidencia supramunicipal do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, que literalmente di:

«Declarar o Plan Sectorial de Ordenación das Áreas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos pola Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia e polo Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal».

Así mesmo, en cumprimento do establecido nas directrices de Ordenación do Territorio aprobadas definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia mediante o Decreto 19/2011, do 10 de febreiro; no artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; nos artigos 6 e 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunipal; na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente; na Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia; e tendo en conta o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de febreiro de 2010, polo que se deixa sen efecto o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresarias na Comunidade Autónoma de Galicia aprobado con data do 27 de maio de 2004 e se inicia o procedemento de elaboración e aprobación do novo Plan Sectorial de Solo Empresarial de Galicia, determinando a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (a través do IGVS) como órgano competente para a elaboración, o impulso e a tramitación do procedemento para a súa aprobación, sométese para os efectos e durante os prazos que logo se precisan a seguinte documentación:

– Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia e informe de sustentabilidade ambiental relativo: sométense a información pública e consultas polo prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunipal; e da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.

Durante o prazo referido calquera persoa poderá examinar a anterior documentación en horario de oficina nas dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo –sitas no polígono das Fontiñas, Área Central, s/n en Santiago de Compostela– e presentar ante o IGVS as alegacións, documentos e xustificacións que coide pertinentes. Así mesmo, a documentación poderá consultarse na páxina web do IGVS http://igvs.xunta.es/web/actuamos/476

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2011.

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo