Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2011 pola que se anuncia a convocatoria dun procedemento aberto, harmonizado e multicriterio, para a contratación dun servizo consistente na realización dos traballos de campo nas enquisas a fogares deste instituto.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo Técnico-Xurídico e de Contratación.

c) N.º de expediente: 2010/640.1/25203/01.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: realización dos traballos de campo nas enquisas a fogares do IGE.

c) Prazo de execución: dous anos desde a sinatura do contrato.

d) Admisión de prórroga: si, por un período máximo de dous anos por mutuo acordo das partes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e harmonizado.

c) Criterios de valoración e adxudicación: oferta técnica (50%) e oferta económica (50%).

4. Orzamento máximo de licitación.

a) Prezo: novecentos corenta mil douscentos tres euros con trinta e nove céntimos (940.203,39 €), IVE excluído.

b) IVE: cento sesenta e nove mil douscentos trinta e seis euros con sesenta e un céntimos (169.236,61 €).

c) Anualidades (IVE incluído):

2011: 554.720 €.

2012: 554.720 €.

5. Garantías.

a) Provisional: 3% do orzamento máximo de licitación (28.206,10 €).

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Enderezo: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 13 99.

e) Fax: 981 54 13 23.

f) Correo electrónico: mmartinez@ige.eu

g) Enderezo da internet do perfil do contratante onde se poden obter os pregos relativos a esta contratación: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17078

h) Data límite de obtención da documentación e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo L, subgrupo 3 e categoría C.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ata as catorce (14.00) horas do 23 de xaneiro de 2012.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Modalidade e lugar de presentación: en sobres pechados no rexistro do IGE, complexo administrativo San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas. No caso de que as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 13 23) no mesmo día.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións, en virtude do disposto nos números 2 e 4 do artigo 161 do RDL 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas do Instituto Galego de Estatística.

b) Enderezo: complexo administrativo San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións, faranse públicas no perfil do contratante a data e a hora de apertura das ofertas, cunha antelación mínima de 3 días hábiles.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 22 de decembro de 2011.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2011.

José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística