Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 13 de decembro de 2011 pola que se notifica resolución do procedemento administrativo sancionador do expediente 13-27-11-01.

De conformidade co disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE núm. 283, do 25 de novembro) de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola O.M. do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39.1.º a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG núm. 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado pola Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG núm. 190, do 1 de outubro. O prazo para a interposición do dito recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación.

Transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Nova Galicia Banco), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2011.

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto
sancionador

Sanción
proposta

Sanc. 13-27-11-01

PO-3745-BM

Celador do porto

Selene Sánchez Puga

R/ Álvaro Mourelle, 1, 2 D

36340 Panxón, Nigrán

(Pontevedra)

Estacionamento prohibido.

7.3.2011; 13.18 horas; Panxón (Pontevedra)

Art. 306.1 a) R.D. lex. 2/2011 TRLPEMM

Arts. 17 e 64 O.M. 12.6.1976

Art. 312 R.D. lex. 2/2011 TRLPEMM

90,15 €