Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 28 de decembro de 2011, do recadador de zona de Lugo, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Hostelería A Mariña, S.L. e cinco máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona de Lugo, por medio do presente anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que no lles puido ser notificada os interesados malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Dos embargos que se cita tomarase nota no rexistro que corresponda a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, emprázanse os interesados, ou os seus representantes, para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación de Lugo, rúa Conde 30, Lugo) no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 28 de decembro de 2011.

Roberto Vázquez Fermoso
Recadador de zona de Lugo

ANEXO

Interesado

NIF

Data da dilixencia

Obxecto da dilixencia

Hostelería A Mariña, S.L.

B27293083

26.12.2011

Not. poxa

Liz Álvarez, Rosa María

34260425Q

1.12.2011

Not. poxa

Losada Mondelo, Antonio

34231738X

1.12.2011

Not. poxa

López Suárez, Santiago

71870098C

1.12.2011

Not. poxa

Méndez Baamonde, Roberto

33543801A

1.12.2011

Not. poxa

Promociones Cantábrico Barreiro, S.L.

B27347814

1.12.2011

Not. poxa