Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 7 decembro de 2011, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00778-O-2011 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobro pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 7 de decembro de 2011.

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-00778-O-2011

C-5160-BU

Garda Civil 1504 A-35144-Y

Gas Ordes, S.L.

B15632110

Lugar de Buscás, s/n

15680 Ordes, A Coruña

Carecer o vehículo das placas de identificación de características, levalas ilexibles, deterioradas ou carecendo dalgunhas das mencións esenciais cando sexan exixibles.

21.2.2011; 13.06; N-550; 0049,500

Art.142.23.2 LOTT

Art.199 ROTT

Art.143.1.a LOTT.

Art.201 ROTT

200 euros

XC-00822-O-2011

7950-DFM

Garda Civil 1501 Q-80428-E

Francisca Prados Sánchez

39033842J

Jesús Domínguez 3 - 4.º A

18800 Baza, Granada

Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixero, carecendo de autorización sempre que este se solicitara, acreditando o cumprimento de todos os requisitos exixidos para o seu outorgamento, no prazo máximo de 15 días, contados desde a notificación do inicio do expediente sancionador.

18.2.2011; 00.13; AC-415; 0002,000

Art.142.8 LOTT

Art.199.8 ROTT

Art.143.1.b LOTT

Art.201.1.b ROTT

201 euros

XC-01403-O-2011

6767-FNC

Garda Civil 1525 W-59971-A

Jorge Solla Tilve

35320439Y

R/ Ramón Cabanillas, 99 - 1.º B

36950 Moaña, Pontevedra

Exceso nos tempos máximos de condución bisemanal ata un 20% (90 horas). Máis de 92 h.

15.4.2011; 8.58; N-550; 0080,90

Art. 142.3 LOTT

Art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c LOTT.

Art. 201.1.c ROTT

310 euros

XC-01404-O-2011

6767-FNC

Garda Civil 1525 W-59971-A

Jorge Solla Tilve

35320439Y

R/ Ramón Cabanillas, 99 - 1.º B

36950 Moaña, Pontevedra

Carencia de papel para a impresión das actividades do condutor.

15.4.2011; 8.58; N-550; 80,900

Art. 142.25 LOTT en relación co

art. 141.5 LOTT,

art. 198.5 ROTT

Art. 143.1.f LOTT.

Art. 201.1.f ROTT

301 euros