Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 27 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Emilio Rodríguez González).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo, por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, mediante este anuncio emprázase o interesado sinalado no anexo para ser notificado por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

O interesado, ou o seu representante, deberá comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Facenda de Ourense, con enderezo na rúa Xoán XXIII, 33 baixo, ou na oficina liquidadora correspondente, das 9.00 ás 14 .00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 27 de decembro de 2011.

José Luís Gutiérrez Rodríguez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

NIF

Nome e apelidos

Domicilio

Órgano tramitador

Procedemento

34960018H

Emilio Rodríguez González

Valle Inclán, n.º 45-6.º A, Ourense

SXT

Trámite audiencia: suxeito pasivo falecido: Juan Antonio Rodríguez González. Expte. suces. 95/2009

SXT= Servizo de Xestión Tributaria.

SR = Servizo de Recadación.

SIT = Servizo de Inspección Tributaria.

SV = Servizo de Valoración.

OL= Oficina Liquidadora.