Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 697

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rábade

ANUNCIO de información pública sobre apertura dun almacén de floraría.

A empresa Floricultura Terra Chá, S.L., con CIF B-27302082, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a apertura dun almacén de floraría, que se vai situar no polígono industrial 1.ª fase, parcela 19, subparcela 1. Cumprindo o disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría desde concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Rábade, 15 de decembro de 2011.

Francisco Xosé Fernández Montes
Alcalde