Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 698

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2011 pola que se procede a realizar convocatoria pública para cubrir prazas de persoal laboral do equipo desta autoridade portuaria.

Prazas: 1 (unha) técnico de sistemas de información y comunicacións.

Tipo de contrato: indefinido.

Proceso selectivo: concurso-oposición libre.

Plazas: bolsa de traballo de administrativo xeral.

Tipo de contrato: temporal.

Proceso selectivo: concurso-oposición libre.

As bases desta convocatoria estarán á disposición dos interesados na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, avenida da Mariña, 15 de Vilagarcía de Arousa, e tamén dispoñibles na páxina web: www.portovilagarcia.es

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.

Todas as notificacións que, a partir deste momento, se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios:

Taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

Páxina web: www.portovilagarcia.es

Vilagarcía de Arousa, 28 de decembro de 2011.

Sagrario Franco Malvar
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa