Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 696

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Peroxa

ANUNCIO de solicitude de cambio orientación zootécnica dunha explotacion de porcino.

Unha vez solicitada por Espército Álvarez Vázquez a licenza de cambio de orientación zootécnica dunha explotación de porcino que pasa de ciclo pechado para 60 nais a ceba para 800 animais no lugar das Cerdeiras (Armental) e sometida a avaliación de incidencia ambiental, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese á apertura do período de información pública polo prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que, quen se vexa afectado dalgún xeito pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinente.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

A Peroxa, 14 de decembro de 2011.

Manuel Seoane Rodríguez
Alcalde