Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 648

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (398/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 398/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Mato Gómez contra a empresa Wencasfer Construcciones, S.L. sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di: Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Manuel Mato Gómez contra Wencasfer, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Wencasfer, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.218,31 € por pagas extras (nadal e xullo 2010) e compensación económica por vacacións non desfrutadas, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais, e de 8.318,47 € como indemnización por despedimento obxectivo non pagada.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 € do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, e a empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina Xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa Wencasfer, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente na Coruña, 15 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial