Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 649

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se dispón a notificación dun acordo de iniciación de expediente sancionador por infracción en materia de xogo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, o acordo de iniciación de expediente sancionador por infracción en materia de xogo, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Designase instrutora e secretario do expediente a Isabel Santos-Ascarza Tabarés e Amador Fernández Lozano respectivamente, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, sita na Avenida da Habana, núm. 79-2.º (Ourense), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas que considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

En virtude do disposto no artigo 32.1.a) e b) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, modificada pola Lei 3/2002, do 29 de abril, a competencia para resolver o expediente sancionador corresponderá ao director xeral de Emerxencias e Interior si a sanción consiste nunha multa de ata 60.000 euros.

Ourense, 19 de decembro de 2011.

Luis Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nome

DNI/NIF

N.º expte.

Precepto infrinxido

Domicilio

Posible sanción

Serafín Vázquez Costa

33308445-Y

OU-11/11

Art. 29.j) da Lei 14/1985, do 23 de outubro

r/ Das Hortas, núm. 39, 4.º B, Lugo (Lugo)

Multa superior a 3.000 euros ata 18.000 euros