Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 2 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición do dereito mineiro número 5.216 (Castelo), sito nos concellos de Carballeda de Avia, Melón (Ourense) e Covelo (Pontevedra).

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición do dereito mineiro que se cita:

Número: 5.216.

Nome: Castelo.

Tipo de dereito: permiso de investigación.

Peticionaria: David Fernández Grande, Investroc, S.L.

Enderezo: rúa Pontevedra n.º 4, planta 4.ª, 36201 Vigo (Pontevedra).

Data de solicitude: 25 de marzo de 2011.

Cuadrículas: 1.

Recursos: granito ornamental.

Concellos: Carballeda de Avia, Melón (Ourense) e Covelo (Pontevedra).

Designación:

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

8º 15’ 40”

42º 19’ 00”

2

8º 15’ 00”

42º 19’ 00”

3

8º 15’ 00”

42º 18’ 40”

4

8º 14’ 40”

42º 18’ 40”

5

8º 14’ 40”

42º 17’ 40”

6

8º 15’ 40”

42º 17’ 40”

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1, 4.º, 32003 Ourense), no prazo de trinta días.

Ourense, 2 de decembro de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense