Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 647

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1222/2009).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1222/2009 por instancia de Isabel Rozada Martínez, Dolores Rodríguez Pita e José Ramón Vázquez Remuiñán contra a empresa Verbas Publicidade, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 13 de decembro de 2011 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que, estimando a demanda interposta polos demandantes Isabel Rozada Martínez, María Dolores Rodríguez Pita e José Ramón Vázquez Remuiñán, debo condenar e condeno a empresa Verbas Publicidade, S.L., a que aboe a Isabel Rozada Martínez, 87,76 euros correspondentes á nómina do mes de xuño e 3.356,24 euros por indemnización por despedimento colectivo, a María Dolores Rodríguez Pita, 168,01 euros correspondentes á nómina do mes de xuño e 6.792,99 euros por indemnización por despedimento colectivo, a José Ramón Vázquez Remuiñán, 168 euros correspondentes á nómina do mes de xuño e 4.017,95 euros por indemnización por despedimento colectivo.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e, no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 0030 1946 42 00050001274.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para interpoñer na conta 1534000064122209.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Verbas Publicidade, S.L., expido e asino esta na Coruña, 15 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial