Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 646

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1040/2009).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1040/2009 por instancia de Fernando Arias Canzobre contra Impeslubri, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 13.12.2009 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que, estimando a demanda interposta polo demandante Fernando Arias Canzobre, debo condenar e condeno a empresa Impeslubri, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 7.030,52 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e, no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 0030 1846 42 0005001274.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para interpoñer o recurso na conta 1534000064104009.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Impeslubri, S.L., expido e asino esta na Coruña, 15 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial