Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 264/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T. Castro de Elviña (1.ª fase).

Situación: Concello da Coruña.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea EIR-717 Castro de Elviña a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,048 km, con orixe en empalmes proxectados na L.M.T.S. EIR-717, tramo entre a subestación de Eirís e o C.D. Servizos Comúns, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240 Al), e final no paso aereosubterráneo para realizar en apoio proxectado, para intercalar na L.M.T. EIR-717, tramo entre a subestación de Eirís e o C.D. Servizos Comúns.

Liña eléctrica de media tensión subterránea EIR-711 Castro de Elviña a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,048 km, coa orixe en empalmes proxectados na L.M.T.S. EIR-711, tramo entre a subestación de Eirís e o C.T. Elviña, condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20kV 3(1×240 Al), e final no paso aereosubterráneo para realizar en apoio proxectado, que se intercalará na L.M.T. EIR-711, tramo entre a subestación de Eirís e o C.T. Elviña. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 29 de novembro de 2011.

Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña