Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 238/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: aavda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación C.T. Cesar.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas: adecuación da liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 0,052 km, coa orixe no apoio anterior ao actual C.T.C. caseta Cesar, instálase un apoio de formigón HVH 13/1600 e reténsase o van de derivación, e final no C.T. proxectado.

Centro de transformación intemperie Cesar, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 29 de novembro de 2011.

Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña